Skip to main content

RUC. Repositorio Institucional da UDC: Presentación

O RUC é o repositorio institucional da Universidade da Coruña  creado  para difundir e preservar  a documentación dixital derivada da actividade docente, investigadora e institucional dos membros da UDC.

No RUC se depositan, en formato dixital, materiais derivados da produción científica ou académica da UDC

Os autores poden publicar neste repositorio (vía verde) todos os resultados do seu traballo científico ou académico (teses, artigos, informes, documentos de traballo, capítulos de libros...), tanto os que xa publicaron ou pensan publicar nunha revista científica, xa sexa tradicional ou de acceso aberto, como os traballos que non se publicarán nunca de xeito tradicional.

RUC está xestionado polo Servizo de Biblioteca Universitaria. Entre as súas vantaxes están:

  • O depósito dunha publicación no RUC  dalle visibilidade, permite a presenza noutros recolectores e tamén garante que sexa atopada en Google Scholar, Google e outros motores de busca en condicións óptimas. 
  • A presenza neste repositorio é garantía de preservación dos documentos e do acceso cunha URL permanente (handle).
  • Ofrece estatísticas de visitas e descargas.
  • Axuda a protección contra o plaxio porque o documento está visible para toda a comunidade científica.
  • Permite elixir unha licenza Creative Commons para poder detallar os usos que permitimos das nosas publicacións. 
  • Permite crear alertas bibliográficas do que se vai depositando nunha colección concreta.

RUC estructúrase en 5 grandes áreas:

  • Investigación: neste apartado recóllense os documentos producidos pola activade investigadora dos membros da comunidade universitaria, teses, artigos, etc.
  • Publicacións UDC: recolle libros, congresos, editados pola Universidade da Coruña
  • Coleccións especiais: na actualidade atopamos a Colección Francisco Pillado Mayor, formada por  imáxenes  dixitalizadas  de  carteis  e  fotografías.  
  • Traballos académicos: traballos de fin de carreira, de fin de grao (TFG) ou de fin de mestrado   (TFM)   presentados  polos alumnos da UDC
  • Docencia: materiais producidos polos docentes na súa actividade académica

Os documentos presentes en RUC son creados polos membros da Comunidade Universitaria da UDC, ainda que pode haber coautores que non pertenzan á institución.

Hai materiais que non sendo creados pola Comunidade da UDC, sí pertencen aos seus fondos documentais.

Os materiais admitidos son: documentos non publicados, en vías de publicación ou xa publicados.​

O persoal docente e investigador da UDC, sempre que se trate de documentos orixinais dos autores e sexan produto da investigación ou da docencia.

Antes de facer un depósito os investigadores teñen que rexistrarse no RUC e estar autorizados na comunidade onde queren arquivar as súas publicacións. O depósito pode realizarse mediante autoarquivo ou arquivo delegado:

  • Autoarquivo: os autores da UDC depositan eles mesmos os seus documentos. Ao facer o depósito aceptan unha licenza de distribución non exclusiva pola que se autoriza ao RUC a arquivar, difundir en aberto e preservar  o/os documentos.  Logo  de  rematar  o  depósito  a  biblioteca revisará os metadatos antes da publicación definitiva no RUC. O autor recibirá unha mensaxe no seu enderezo electrónico avisándolle de que o documento se publicou.
  • Arquivo delegado: os autores da UDC poden solicitar que á Biblioteca realice o depósito dos seus documentos. Isto é tan sinxelo como dirixirse a biblioteca do seu centro e asinar unha autorización para que a biblioteca realice o depósito das publicacións que se queren difundir no RUC.

No RUC tamén existen publicacións nos que a Biblioteca é a que fai o depósito porque son documentos afectados por un mandato legal que obriga a súa difusión no Repositorio Institucional: todas as teses e algúns traballos fin de grao, os documentos que se incorporan por acordos co Servizo de Publicacións da UDC ou coleccións especiais.

Guía de depósito no RUC

  • Poden depositarse artigos de publicacións periódicas, relatorios, as teses de doutoramento da UDC, monografías e traballos académicos.
  • Admite ademais todo tipo de formatos (imaxe, multimedia...) e non unicamente os textuais.
  • Recoméndase o uso de formatos normalizados de código aberto (RTF, TIFF, PDF, JPG) para favorecer a preservación e a accesibilidade dos textos. 
  • Para documentos textuais formato máis habitual é o PDF
  • O ficheiro que se quere depositar debe ter un nome relevante, aínda que non excesivamente longo, que nos permita identificar a publicación. Recoméndase inserir o nome do autor o ano e algunha palabra significativa do título. No nome do ficheiro nunca deben inserirse espazos nin debe ter acentos.
  • É importante introducir o/os autores en forma directa e cando son varios separados por unha coma (,).
  • Así mesmo no menú “Seguridad”, os arquivos non deben ter ningunha restricción. En caso contrario os buscadores non poden ler o texto.​
  • Podense depositar documentos en calquera idioma.

Horizonte 2020 obriga a depositar en aberto os datos de investigación necesarios para validar os resultados da investigación a algunhas áreas de coñecemento.

Aínda que o RUC, Repositorio Institucional da UDC, pode albergar algún tipo de datos, neste momento o máis recomendable e gardalos nun repositorio temático de datos ( podese buscar en re3data – Registry of Research Data Repositories ), ou noutros repositorios xenéricos de datos vinculados a iniciativas da UE OpenAire (Zenodo, Eudat).

Todas as teses da UDC  aprobadas despois de febreiro de 2012,  seguindo a normativa legal, se arquivan e difunden no Repositorio institucional  da UDC (RUC).

As teses lidas antes desta data (febreiro de 2012) so se publicarán coa autorización previa do autor, que deberá asinar un contrato. En calquera momento un/a doutor/a pode solicitar que a súa tese sexa publicada no RUC.

Procedemento para a incorporación das teses de doutoramento ao RUC:

A biblioteca é a encargada de arquivar no RUC as teses de doutoramento que lle son enviadas desde a Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC).
Para o seu correcto arquivo e recuperación deben seguirse as Recomendacións para a presentación da tese e respetar sempre os formatos de presentación para a portada o CD e a carátula.

O autor da tese ten que asinar:

  • Unha declaración na que indica que ten coñecemento de que a súa tese vai ser publicada no Repositorio Institucional da UDC (RUC) e donde pode elixir o tipo de licenza que vai utilizar para publicar e solicitar un tempo de demora na difusión.
  • Un documento que indica que o exemplar da tese en formato electrónico é unha copia fidedigna da versión impresa.

A Biblioteca tamén incorpora os datos da tese de doutoramento no seu catálogo e na base de datos Dialnet, incrementando a súa visibilidade.

 

 

Antes de depositar

  • Rexístrese en RUC como usuario
  • Comunique a ruc@udc.es que quere depositar, indicando o grupo ou unidade de investigación á que pertence
  • Os administradores de RUC activarán os permisos precisos e comunicaranllo a vostede​​

​​Facer o depósito no RUC

Unha vez que se fai o rexistro, o autor pode autoarquivar o pode solicitar á biblioteca que faga o arquivo das súas publicacións no RUC, é o que se coñece como depósito delegado. As condicións son:

  • O autor achega á biblioteca os documentos que quere archivar
  • Autoriza á biblioteca o depósito destes traballos no RUC no seu nome.
  • A biblioteca comproba xunto ao autor en que condicións se poden depositar os documentos (licenzas, versións, embargos...)

No caso das teses de doutoramento, traballos académicos, revistas editadas polo Servizo de Publicacións da UDC e as Coleccións especiais quen fai o depósito é Biblioteca e non é necesario a solicitude do autor.

Os documentos arquivados no RUC poderán eliminarse cando existan causas xustificadas como erros graves no contido, na forma dos materiais arquivados ou ben colisións con dereitos de autor.

Canto á modificación de rexistros, o autor pode solicitar a inclusión dunha fe de erratas no documento orixinal. Tamén é posible publicar unha versión actualizada dun documento. 

 

Loading

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons