Skip to main content

RUC. Repositorio Institucional da UDC: Dereitos de autor no RUC

Dereitos de autor no RUC

  • Os autores manteñen todos os seus dereitos.
  • Conceden á UDC unha licenza de depósito non exclusiva para facer accesibles os seus documentos no repositorio.
  • O depósito non limita os dereitos dos autores.
  • ​Os autores poderán facer uso dos seus documentos como estimen oportuno.
  •  As limitacións serán as determinadas polas cesións de dereitos que se fagan ao editor.
  • RUC permite que os autores poidan optar por usar unha licenza Creative Commons cando fan o depósito.
  • Os documentos arquivados non serán modificados nin retirados do RUC salvo causas xustificadas
  • O autor pode solicitar a inclusión dunha fe de erratas no documento orixinal.
  • E posible publicar unha versión actualizada dun documento. Neste caso manteranse á vista ambas as versións e identificarase claramente cal é a máis recente.​

Preguntas frecuentes sobre dereitos de autor

Podo depositar un documento xa publicado antes?
Depende do tipo de contrato de cesión de dereitos ao editor . Se cederon os dereitos exclusivos non é posible, pero no caso contrario son moitas as editoriais que permiten o depósito da versión do autor dos artigos que publican. Os pasos a seguir serían:
Consultar o contrato asinado coa editoria, caso de que non se localice, pódese consultar ROMEO e DULCINEA, que listan as políticas das principais editoriais.
Se ten dubidas ao respecto pode contactar connosco en ruc@udc.es e intentaremos aclaralas.

Podo depositar un documento que elaborei xunto con outros autores?
Si, pero precisa ter o consentimento dos outros autores

Podo usar un documento depositado por min en RUC noutro sitio web?
Si, vostede é o autor e ten todos os dereitos sobre os documentos depositados en RUC.

Se usan un documento meu sen permiso que podo facer?
Póñase en contacto connosco en ruc@udc.es, estudiaremos o caso e intentaremos solucionalo.

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons