Skip to main content

Acceso Aberto: Presentación

Que é o acceso aberto á literatura científica?

Consiste en facilitar o acceso on-line a toda a información científica dispoñible, artigos, monografías, datos de investigación, de forma gratuíta para o lector e baixo licenzas que permitan o seu uso e explotación polos investigadores, as empresas e os cidadáns.

  • Estes documentos pódense descargar, copiar, imprimir e distribuír,  buscar  ou  enlazar  con  calquera  propósito  lexítimo,  sen barreiras financeiras ou técnicas.
  • No entanto, os autores manteñen en todo momento o control sobre os seus traballos e o dereito a seren recoñecidos e citados.
  • O principal obxectivo do acceso aberto é lograr un maior impacto da investigación ao aumentar o acceso a esta.

Vantaxes

Para os investigadores:

  • ​Facilita o acceso gratuito á investigación.
  • Incrementa a visibilidade das obras.
  • Aumenta o impacto, a difusión e a divulgación da investigación.
  • Facilita aos investigadores o acceso a recursos non subscritos pola institución
  • Permite aos autores conservar a titularidade dos dereitos de autor das súas obras e establecer as súas condicións de uso.
  • Garante a preservación electrónica dos documentos de investigación a longo prazo.

Para as institucións:

  • Aumenta a visibilidade e o prestixio. Os repositorios institucionais convértense nun reflexo da actividade investigadora da institución.
  • Actúa como reclamo para novas fontes de financiamento, novos profesores, estudantes potenciais, etc.
  • Asegura a preservación a longo prazo da produción científica da institución.

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons