Skip to main content

Acceso Aberto: Autores UDC. Descontos para publicar

Descontos nos pagos por publicar en acceso aberto

O Servizo de Biblioteca Universitaria da UDC ten acordos con algúns editores para obter descontos nas tarifas de publicación de artigos en aberto.

Revistas de MDPI (Multidisciplinary Digital Publishing Institue)

Os autores que aparezan asociados á Universidade da Coruña cando publiquen nas revistas de MDPI, terán un desconto do 15% nas tarifas de publicacións polos artigos aceptados.

Este desconto por membresía aparecerá preseleccionado de forma automática se os autores realizan o proceso desde dentro dos rangos IPs da UDC. Desde fóra da rede universitaria terían que seleccionar a Institución no último paso do envío do artigo.

Revistas de ACS (American Chemical Society)

Por ter subscrita a colección de ACS (American Chemical Society), os investigadores da UDC  que desexen publicar os seus artigos en acceso aberto poden beneficiarse dun desconto institucional do 6% por artigo, o investigador debe ser o autor principal da publicación. Este desconto realízase de forma automática ao introducir a institución na publicación de ACS tal e como aparece na súa páxina http://acsopenaccess.org/, onde se atopa máis información sobre tarifas e descontos. 

Permite publicar baixo licenzas Creeative Commons.

Ten dúas revistas OA: 

- ACS Central Science, publicación sen custo para o autor.
- ACS OMEGA, publicación con custo reducido

SCOAP3. Sponsoring Consortium for Open Access Publishing  

É un proxecto no que participan máis de mil bibliotecas internacionais, consorcios e centros de investigación. Os artigos de revistas do campo da Física son publicados en acceso aberto a perpetuidad en oito revistas claves na materia. Todos os artigos publícanse baixo licencias CC-BY sen custo directo para os autores.

Cambridge University Press (CUP)

Por subscribir a súa colección de revistas, a UDC ten un desconto do 10% nos Article Processing Charges (APC) de Gold Open Access Journals e Hybrid Journals. O desconto non inclúe títulos de revistas "Non OA" de determinadas sociedades. Para poder beneficiarse deste desconto, no proceso de envío do artigo tense que introducir un código que se debe solicitar á biblioteca de cada centro.  

Royal Society of Chemistry (RSC)

A RSC proporciona a todos os autores a opción de publicar os seus artigos Gold Open Access a través do pago dun APC na aceptación de calquera das súas revistas. Os seus APCs están entre os máis baixos dos editores e tamén ofrecen unha gama de opcións de exención e descontos. Todos os artigos que se publican con Gold Open Access están suxeitos a unha rigorosa revisión por pares, edición profesional e servizos de produción, e serán accesibles para todos no seu sitio web.
A RSC aplica un desconto do 15% do total da APC, este faise efectivo automaticamente por parte da RSC por recoñecemento da dirección de correo electrónico institucional (https://www.rsc.org/journals-books-databases/open-access/gold-open-access/)

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons