Skip to main content

Acceso Aberto: Dereitos de autor no Acceso Aberto

Que son os dereitos de autor

Son un conxunto de dereitos que teñen recoñecidos os autores automaticamente por lei.

Son de dous tipos: dereitos morais, que son intransferibles e dereitos patrimoniais ou de explotación.

Os dereitos patrimoniais son transferibles a terceiros, por exemplo as editoriais cando se publica un artigo ou un libro. A cesión exclusiva aos editores impide que os autores poidan difundir a súa publicación por outra vía.

É recomendable para promover o acceso aberto por parte dos autores:

  • Propoñer aos editores o uso de licenzas non exclusivas ou engadir unha addenda, ao contrato editorial restando algún dereito.
  • Difundir a obra baixo unha licenza Creative Commons sempre que sexa posible.​
  • Revisar as políticas do editor donde se vai publicar no tocante ao acceso aberto.​

Creative Commons

Creative Commons iniciativa sen ánimo de lucro que nace co obxectivo de facilitar un código legal para que os autores comuniquen os usos permitidos da súa obra, mantendo os seus dereitos de autor

Este tipo de licenza ofrece algúns dereitos a terceiras persoas baixo certas condicións.


 


 

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons