Skip to main content

Acceso Aberto: Publicar en Acceso Aberto

Vías de publicación en Acceso Aberto

Modelos de publicación


​Distintos modelos para publicar en acceso aberto:

Vía verde (repositorios):

  • Tamén chamada de auto-arquivo ou arquivo delegado, o autor pon o seu traballo en internet de forma libre e gratuíta para a súa consulta nun repositorio.  
  • RUC  é o repositorio institucional da Universidade da Coruña.
  • En España, os repositorios de acceso aberto están agrupados na plataforma RECOLECTA
  • Esta vía é un complemento da publicación tradicional, xa que xeralmente o autor pon en acceso aberto unha versión dos artigos publicados en revistas tradicionais.

Vía dourada (publicación en revistas de acceso aberto):    

Tipoloxía das revistas en acceso aberto:

  • Revistas onde a publicación e o acceso son totalmente gratuitos. O autor mantén os seus dereitos, as veces compartidos co editor. Esta modalidade tamén se coñece como Vía platino.
  • Revistas nas que se paga por publicar e o acceso é totalmente gratuito.
  • Revistas con artigos en aberto e artigos accesibles por subscrición (modelo híbrido).

A publicación pola Vía dourada xeralmente ten costes de publicación APC (Article Processing Charge), que son pagados ben polos propios autores, polas instituciones ou as axencias financiadoras da investigación xa que poden ser custos subvencionables polos proxectos.(Horiznte 2020)

 

Elección dunha revista de Acceso Aberto

Gran número de revistas en acceso aberto teñen un alto estándar de calidade: o factor de impacto de todas elas poderase consultar en: 

En calquera caso, o investigador sempre poderá publicar na revista que estime oportuno e simultanear a súa presenza nun repositorio, na versión permitida para iso.

É unha base de datos que permite consultar as condicións dos editores internacionais en canto aos dereitos de autor e as condicións nas que permiten o autoarquivo das súas publicacións científicas.

Utiliza un código de cores para identificar a política aplicada por cada revista ou editorial:

 

 

 

É un proxecto cuxo obxectivo é coñecer as políticas editoriais das revistas españolas respecto ao acceso aos seus arquivos, os dereitos de explotación e licenzas de publicación, e como estes poden afectar ao seu posterior auto-arquivo en repositorios institucionais ou temáticos.

Tamén utiliza un código de cores para coñecer o tipo de permisos que proporcionan

Loading ...

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons