Skip to main content

Acceso Aberto: Datos de investigación

Que son os datos de investigación?

  • Os datos de investigación abertos son aqueles materiais xerados ou recollidos durante o transcurso da realización dunha investigación.
  • Poden ser utilizados, reutilizados e redistribuídos por calquera persoa, coa condición de citar a autoría, e no seu caso, compartir os novos datos nos mesmos termos que os orixinais.  
  • Os datos inclúen: cadernos de laboratorio, cadernos de campo, datos de investigación primaria (incluídos os datos en papel ou en soporte informático), cuestionarios, cintas de audio, vídeos, desenvolvemento de modelos, fotografías, películas, e as comprobacións e as respostas da proba. As coleccións de datos para a investigación poden incluír diapositivas; deseños e mostras.
  • Todos os proxectos financiados con H2020 iniciados en 2017 deberán garantir o acceso aberto aos datos de investigación, salvo excepcións xustificadas..
  • Os proxectos participantes terán que entregar un Plan de Xestión de Datos durante os 6 primeiros meses de vida do proxecto, no que se describe que vas facer cos teus datos durante e despois de finalizar a túa investigación

 

                        

                                        O ciclo dos datos científicos

                          10 pasos para elaborar un Plan de Xestión de Datos                     Cita os teus datos de investigación

 

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons