Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto: Oxford University Press

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Características do A.T.


As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron en decembro de 2020 un contrato coa Oxford University Press (OUP) que dá acceso á lectura de todas as revistas con modelo de subscrición da editorial. Ademais, permite a publicación en Acceso aberto tanto nas revistas "híbridas" (combinan artigos baixo subscrición e en acceso aberto) coma "Gold OA" (non se paga subscrición por acceder). 


Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC) para un número limitado de artigos por ano (7 artigos por universidade).
  • A data de aceptación do artigo debe estar comprendida entre o 1/1/2021 e o 31/12/2021. 
  • Tipoloxía documental aceptada: 
    • Artigos de investigación
    • Artigos de revisión
    • Actas de congresos
  • Permítese a publicación nas revistas "Fully OA" e "Híbridas" da OUA. (Listaxe de revistas)
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
    • CC-BY
    • CC-BY-NC
    • CC-BY-NC-ND
  • É obrigatorio empregar o correo electrónico da UDC.

Procedemento de solicitude

  • O/A autor/a de correspondencia coa editorial identificarase coa afiliación da UDC e empregará o correo institucional.
  • Aceptado o manuscrito trala revisión por pares, o/a autor/a recibirá un correo do equipo de produción da OUP cunha ligazón ao sistema en liña de licenzas e pago das APC. Pasos que se deben seguir:
    • Acceder ao sistema como usuario de Oxford Academics ou rexistrar unha conta nova.
    • Seleccionar o tipo de licenza segundo a política de aceptación da universidade e aceptar os termos da licenza OA.
    • Confirmar o acordo de copyright e a xestión dos pagos (poden existir outros cargos de edición ademais dos APC).
    • Escoller a opción "Consorcio interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia" no selector "Open Access Prepayment Account" e seleccionar "Refer Charges". 
    • Proporcionar información do/a autor/a de correspondencia e detalles sobre o financiamento da investigación (introducir N/A se non aplica).
    • Tras revisar a información, premer en "Complete Referral" para enviar a petición.

 

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

 

 

OUP Open Access Account. Guía de uso para os/as autores/as

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons