Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto: Quen pode pedir o financiamento?

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Requisitos e compromisos

Os acordos transformativos asinados coas diversas editoriais que aparecen nesta infoguía conlevan, no ámbito da UDC, os seguintes requisitos e compromisos por parte dos/as autores/as das publicacións.

1. Requisitos para solicitar o pago das APC:

  • Ser membro da UDC.   
  • Empregar o correo institucional da universidade:
  • Ser autor/a de correspondencia da publicación obxecto de financiamento.   
  • Os documentos aceptados son aqueles recoñecibles como items citables polo JCR:
    • artigos de investigación
    • artigos de revisión 
    • actas de conferencias, en determinados casos

2. Compromisos por parte dos/as autores/as:

  • As publicacións contarán cunha sinatura coa afiliación e correo electrónico da universidade, segundo a normativa oficial aprobada pola UDC.
  • As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e o CISUG.
    • Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".
  • As publicacións depositaranse no repositorio institucional RUC.

3. Outras estipulacións

  • Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
  • En caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens ou o orzamento das APC dispoñibles.
  • O Servizo de biblioteca confirmará a aceptación do cargo da APC. Neste sentido, enviará unha carta ás persoas interesadas se se acepta a súa solicitude.


Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

 

                

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons