Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Propiedade intelectual e dereitos de autor: A Propiedade Industrial

Preguntas máis frecuentes

A titularidade da actividade I+D+i na Universidade da Coruña

Persoal investigador da Universidade da Coruña

Segundo o regulamento de propiedade industrial e intelectual da Universidade da Coruña, correspóndelle á UDC a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual e industrial dos resultados da actividade investigadora, de innovación e desenvolvemento realizados polo persoal investigador como consecuencia das funcións que lle son propias.

Estudandes da UDC

Corresóndelles aos estudantes a titularidade e os dereitos de explotación sobre as invencións que desenvolveren no marco dunha actividade académica.

No caso de invencións desenvolvidas polo estudantado conxuntamente co persoal investigador, a titularidade e os dereitos de explotación da invención corresponderanlles tanto aos estudantes como á propia UDC, na proporción na que ambos intervisen.

Xestións das patentes

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) encárgase de xestionar a solicitude das patentes realizadas polo profesorado da UDC no ámbito das súas funcións docentes e investigadoras.

Se vostede desexa comunicar un resultado, que considera susceptible de ser protexido, deberá cumprimentar o seguinte cuestionario de análise tecnolóxica e remitilo á OTRI no menor prazo posible e sempre antes de publicar ou difundir calquera información relacionada co fin de evitar a perda de novidade.

Supostos específicos

No  "Regulamento de propiedade industrial e propiedade intelectual da Universidade da Coruña") recóllense os seguintes casos:

  1. Programas de computador (software): a titularidade dos dereitos de explotación sobre software desenvolvido por calquera membro do persoal investigador en execución das súas actividades de investigación, corresponderalle á UDC.

  2. Obras colectivas: tanto os dereitos morais como de explotación correspondenlle a UDC sempre que sexa a que edite e divulgue ao seu nome e, agás, que haxa un pacto en contrario.

  3. Teses de doutoramento: unha vez aprobada a tese de doutoramento, a UDC ocuparase do seu arquivo en formato electrónico aberto no Repositorio Institucional (RUC). O autor ten que asinar a Declaración para o depósito no Repositorio Institucional da UDC (RUC). Exceptúanse as teses que a Comisión académica do programa de doutoramento determine que existen convenios de confidencialidade con algunha empresa ou nas que haxa posibilidade de xeración de patentes.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons