Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Propiedade intelectual e dereitos de autor: Aula virtual

Ley 21/2014, de 4 de noviembre, por la que se modifica el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, RD 1/1996, de 12 de abril, art. 32

Que podo subir a Aula Virtual

Usos permitidos pola lexislación vixente:

  • Obras propias sempre que non cederamos os dereitos de explotación a terceiros (revista, editorial ...)
  • Materiais con licenzas libres  Creative Commons ou similares. É conveniente ler o resumo das licenzas para coñecer cales son os usos permitidos en cada caso.
  • Materiais en dominio público.
  • Disposicións legais e regulamentarias, as resolucións de órganos xurisdicionais, actos, acordos, deliberacións e ditames de organismos públicos e traducións oficiais de todos eles.
  • Fragmentos de obras de natureza escrita, sonora ou audiovisual, ou obras plásticas ou fotográficas illadas, sempre que se trate de:
    • Obras xa divulgadas
    • Indicando o autor e a referencia bibliográfica.
    • A inclusión do texto ten que estar xustificada como cita, análise, comentario ou xuízo crítico.
    • Que só teñan acceso a través de redes internas e pechadas os alumnos e o persoal docente ou investigador do centro educativo.
  • Documentos subscritos pola biblioteca da UDC e sempre que o permitan os contratos ou licenzas asinadas cós proveedores. Hai que ter conta de que cada proveedor ten o seu modelo de licenza polo que compre sempre consultar á biblioteca as condicións dos contratos.

Usos non lícitos na Aula Virtual

Que usos non son lícitos con fins docentes:

Reproducir, distribuir, transformar ou comunicar no campus virtual:

  • Unha partitura musical.
  • Máis dun 10% dun manual universitario ou libro de texto.
  • Obras dun so uso, por exemplo, caderno de exercicios.
  • Unha obra impresa completa, unha obra audivisual, unha obra radiofónica, un musical, un programa de ordenador.
  • Máis dun capítulo dun libro.
  • Máis do 10% do total dunha obra.
  • Non se admiten as recopilacións de fragmentos ou imaxes, por exemplo, un vídeo compuesto íntegramente de reproducións de trozos de outros vídeos, e/ou imaxes.

Preguntas máis frecuentes

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons