Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

A identificación de autoría na UDC: Presentación

 

É importante nas publicacións

  • Firmar sempre as publicacións coa mesma forma e grafía do nome de autor.
  • Indicar sempre a filiación institucional conforme as instrucións da Universidade da Coruña
  • Recoméndase que todos os autores do ámbito científico e académico dispoñan do seu identificador único ORCID

 

Obxectivos

O obxectivo desta guía é proporcionar visibilidade aos autores nas bases de datos de publicacións, repositorios, buscadores na rede, etc. así como facilitar o seguimento da produción científica da UDC: 

  1. Mostrar a importancia da firma científica nun contorno de investigación dixital.
  2. Dar a coñecer as formas recomendadas para os nomes dos autores, co fin de ser indexados correctamente nas principais bases de datos científicas.
  3. Divulgar as directrices de filiación institucional da Universidade da Coruña
  4. Presentar ORCID e outros identificadores para que o investigador obteña o seu perfil de autor nas redes profesionais e académicas

Estratexia de visibilidade para investigadores da UDC

  1. Firma científica: nome do autor e da Universidade da Coruña
  2. Crear o identificador ORCID
  3. Crear/revisar o perfil público do autor en Google Scholar Citation
  4. Crear/completar outros identificadores (Author ID, ResearchID, Dialnet)
  5. Sincronizar estas plataformas
  6. Engadir no SUXI as variantes da súa firma e a ligazón aos seus identificadores dixitais

Para estas accións pode contar co apoio das bibliotecas da UDC

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons