Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador web, es posible que vea resultados ines

A identificación de autor na UDC: Google Scholar Citations


Google Scholar Citation ten a vantaxe da súa enorme popularidade e universalidade como fonte de información gratuíta e posúe gran versatilidade á hora de rastrexar todo tipo de documentos.

O servizo de citas de Google Académico permite ós investigadores:

  • Realizar un seguimento dos seus artigos
  • Comprobar as citas recibidas polas súas publicacións
  • Consultar un gráfico coa evolución das súas citas no tempo
  • Coñecer o seu índice h e índice i10

Google Académico só indiza publicacións que se atopan en sitios web que se adecúan as súas directrices. Algunhas estratexias para que se recollan as publicacións son:

  • Publicar en editoriais científicas que teñan acordos asinados con Google
  • Depositar as publicacións no RUC (repositorio institucional da UDC)
  • Incluilas en portais como Dialnet
  • Incluilas tamén na páxina persoal ou na web do departamento ou grupo de investigación. 
  • Utilizar as redes científicas profesionais para difundir os seus traballos​  

Máis información e xestións 


Os pasos para crear un perfil de autor en Google Académico son:

  1. Entrar en Google Académico e facer clic en Mis citas
  2. Crear unha conta de Gmail ou iniciar sesión nunha existente
  3. ​Completar o formulario de rexistro​

Unha vez creado o rexistro, permite buscar, identificar e engadir publicacións, e pódese completar o perfil con foto, búsqueda de coautores, crear alertas, etc.

Para os autores da UDC é importante no formulario de rexistro: 

  • Incluir a filiación á Universidade da Coruña
  • Utilizar a conta de email institucional  (@udc.es, @udc.gal)
  • O perfil é por defecto privado, agás que o autor elixa facelo público. O perfil público dá unha maior visibilidade persoal e institucional.

 

Formulario de rexistro:

Engadir ou eliminar publicacións:

 
 

 

Actualización automática do perfil:

 
 

 


En Google Scholar, o perfil do autor só aparece cando este elixe facelo público.
 

Exemplo dun perfil público en Google Scholar:

 

 
 

Exemplo dun perfil en Google Scholar Citation:

 

 

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons