Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Guía para publicar: Presentación

Obxectivo

Publicar os resultados da investigación é unha parte necesaria do proceso científico. Esta guía diríxese principalmente aos investigadores que inician a súa carreira, e explica como publicar, con consellos para seleccionar as revistas máis apropiadas, e tratar de maneira efectiva o proceso de publicación.

Por que publicar?

A publicación dos resultados da investigación é o nexo principal que une aos científicos en todas as disciplinas e é crucial para o progreso da ciencia no seu conxunto. Pode ter as mellores ideas, pero se non pode comunicalas coa suficiente claridade para ser publicadas, o seu traballo non será recoñecido pola comunidade.

Ao publicar está a lograr tres obxectivos clave, tanto para vostede como para o esforzo científico na súa disciplina:

  • diseminar a súa investigación
  • avanzar na súa carreira
  • avanzar na ciencia

Así mesmo, aumenta o prestixio da súa universidade e mellora a súa posición nos rankings.  

Publicar estratéxicamente significa:

  • ​Chegar á audiencia á que se dirixe a investigación
  • Elixir a mellor opción para aumentar a reputación do investigador.
  • Dirixirse ás publicacións adecuadas para evitar o rexeitamento do editor
  • Aumentar a probabilidade de que a investigación teña impacto e sexa ​​citada
  • Conseguir fondos para a investigación en novos proxectos.​​


Quella scienza è piú utile della quale il frutto è piú comunicabile, e cosí per contrario è meno utile quella ch'è meno comunicabile.. Leonardo da Vinci

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons