Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador web, es posible que vea resultados ines

Recursos de información en liña na UDC: Presentación

Recursos electrónicos

Un recurso electrónico é calquera fonte de información á que a Biblioteca da Universidade da Coruña proporciona acceso nun formato electrónico. Estes recursos de información inclúen: revistas a texto completo, libros en liña, dicionarios, enciclopedias, datos económicos, imaxes dixitais, perfís da industria, estudos de mercado, información profesional, etc.

Recursos electrónicos contratados pola UDC

A través da súa Biblioteca, a UDC ofrece á súa comunidade o acceso a uns 90.000 libros, 27.000 revistas (subscritas ou contidas en bases de datos) e máis de 50 bases de datos para que sirvan de apoio da actividade investigadora, a docencia e a aprendizaxe.

Moitos destes recursos permítenlle crear un perfil persoal para o seguimento do novo contido a través do correo electrónico ou fontes RRSS. 

Xunto con estes recursos contratados, existen outros moitos recursos gratuítos recollidos tamén pola Biblioteca Universitaria na súa páxina web.

Ademais, no RUC (Repositorio Institucional da UDC), están depositados máis de 15.000 recursos electrónicos propios (teses, artigos, traballos académicos e coleccións especiais).

 

 

 

Acceso aos recursos electrónicos

Como membro da comunidade da UDC pode acceder as 24 horas dos 7 días da semana aos nosos recursos electrónicos (e-revistas, e-libros, bases de datos) desde calquera dispositivo conectado a internet.

Desde as instalacións da UDC: a través dos ordenadores ou mediante calquera dispositivo conectado á rede da UDC.

Desde fóra da UDC: acreditándose como membro da comunidade universitaria: profesor (PDI), estudante, investigadores e outro persoal da UDC.

Contactos

  • Para calquera consulta sobre o acceso aos contidos dos provedores, diríxase á Sección de Acceso ao Documento do Servizo de Biblioteca, contacte con accesodoc.bib@udc.es, tel. 981 167 000, extensións 5669, 5674,5675, 5676, 5668.
  • Para consultas sobre a configuración do acceso, contacte co Centro de Atención a Usuarios (CAU); cau.sic@udc.es, tel. 981 167 000, extensión 2222.

Universidade da Coruña. Servicio de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio X. Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licencia de Creative Commons