Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Documentación e metadatos

Documentación

Debe acompañar aos datos para que estes póidanse comprender e reutilizar. Unha boa documentación de datos inclúe información sobre:

  • O contexto da recompilación de datos: historia do proxecto, obxectivos e hipóteses
  • Métodos de recompilación de datos: mostraxe, proceso de recompilación de datos, instrumentos utilizados, hardware e software utilizado, escala e resolución, cobertura temporal e xeográfica e fontes de datos secundarias utilizadas
  • Estrutura dos arquivos de datos e relacións entre arquivos
  • Validación de datos, verificación, limpeza e procedementos levados a cabo para asegurar a súa calidade
  • Cambios realizados nos datos ao longo do tempo desde a súa creación orixinal e identificación das diferentes versións
  • Información sobre o acceso, condicións de uso ou confidencialidade

Metadatos

Ademais da documentación explicativa é preciso describir os datos para poder identificalos e organizalos . Esta descrición dos datos faise a través dos metadatos. En particular, os datos deben ter un identificador único e persistente, información sobre como citalos, unha licenza que indique como poden usarse ou reutilizarse, información sobre o formato de arquivo, unha descrición do conxunto, materia e palabras crave que os describan, unha lista de autores e información sobre o financiamento. Canto máis relevantes sexan os metadatos, máis  fáci será para outros investigadores atopar e reutilizar os datos.

Na actualidade existen varios estándares de metadatos para describir os datos. Cada área de coñecemento ten o seu estándar propio e as súas ferramentas. Na páxina do Data Curation Center (DCC)  hai unha selección por disciplinas , así como unha listaxe de ferramentas que foron desenvolivdas para capturar ou almacenar metadatos conforme a un estándar específico. Tamén se pode consultar Fairsharing.org

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons