Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Crear / Recoller

Primeiros pasos

Antes de crear o recoller datos é necesario tomar en consideración algunhas cuestións relevantes. Definir un plan dende o comenzo pode axudar a aforrar moito tempo e  esfozo máis adiante. 

É conveniente tener en conta e reflexionar sobre: 

 

Encontrar datos de investigación

Os repositorios son arquivos ou depósitos onde se almacena, organiza e mantén información dixital. Hai portais que recollen repositorios como:

  • Re3data: rexistro mundial de repositorios de datos de investigación de diferentes disciplinas académicas, co obxectivo de promover unha cultura de intercambio, un maior acceso e unha mellor visibilidade dos datos de investigación. Xestionado e mantido por DataCite. Posibilita realizar buscas por países, disciplinas ou tipoloxía dos datos.
  • Fairsharing.org: buscador de estándares, repositorios de datos e políticas de acceso aberto en todas as disciplinas.

Tamén se pode consultar o Master Data Repository List de Clarivate Analytics ou o OAD Data Repositories, parte do Open Access Directory, que ofrece unha listaxe de repositorios temáticos para datos abertos.

En España RECOLECTA agrupa todos os repositorios científicos nacionais de acceso aberto

Os repositorios de datos poden ser multidisciplinares (como Zenodo, Figshare, Dryad), institucionais (por exemplo RUC: Repositorio institucional da UDCDigital CSIC,  Harvard Dataverse) ou temáticos (por exemplo, en Ciencias Sociais  World Values Survey ou Wellcome Library en Historia da Medicina).

Salientamos Zenodo por ser o repositorio que ofrece unha ventá unica para os resultados da investigación europea. Creado por OpenAire e CERN, co apoio da Comisión Europea, ofrece o seu servizo a partir da iniciativa europea OpenAire.

Datacite permite realizar buscas en datasets que teñan asignados DOI. B2Find busca nos centros de datos EUDAT (European Research Data Infrastructure) e outros repositorios. Mendeley Data é un buscador do editor Elsevier. Outros exemplos de buscadores de datasets son DataMED (buscador de datasets e repositorios no ámbito biomédico) ou DataONE (buscador de datasets en repositorios sobre datos da terra e medio ambiente).

A revista de datos Scientific Data do Nature Publishing Group ofrece unha listaxe de repositorios recomendados tanto xerais como por ámbitos temáticos.

 

As revistas de datos conteñen artigos que describen un conxunto de datos ou dataset.  Pódese consultar un directorio destas revistas na web Finnish Commiittee for Research Data. 

 

Os editores de publicacións científicas están a enlazar os artigos das revistas cos datos de investigación utilizados, co fin de compartir estes datos con lectores e investigadores. As publicacións científicas pódense localizar en bases de datos  como Web of Science, Scopus, PubMed, Eric , etc, ou en buscadores como  Google Académico

Algúns artigos de  Scopus teñen datos de investigación asociados, dispoñibles para a súa revisión ou para a súa descarga. Se un artigo ten datos de investigación asociados, terá a ligazón " Related Research Data".

ODISEA é un inventario internacional dos depósitos e principalmente revistas que admiten datos de investigación a escala mundial.

Recollen datos específicos para unha área de coñecemento. Algúns exemplos son NCBI, de bioloxía e medicina, Eikon para datos financeiros, ou Eurostat con datos estatísticos agregados dos países europeos e con microdatos de acceso gratuíto para institucións de investigación. Recentemente, a UDC foi recoñecida como institución de investigación por Eurostat, polo tanto cualquera investigador/a desta universidade puede solicitar os microdatos que precise para o seu traballo sen coste algún.

Outro exemplo é a base de datos Statista, suscrita pola UDC, que ofrece acceso a 1,5 millones de datos sobre unha amplia variedade de temas.

Institucións nacionais e internacionais, estados, ONG, etc. no exercicio das súas funcións ou actividades crean, procesan e suministran datos: OCDE, Eurostat, Unesco,  ONUCERN, NASA, ESA,  etc.

Un bo exemplo é o portal da ONU Undata no que se recollen datos das axencias nacionais de estatística de máis de 50 países e UN Comtrade Database, repositorio de estatísticas oficiais de comercio internacional

Existen portais de  datos públicos abertos que ofrecen datos procedentes de administracións públicas. Estes datos pódense descargar, gardar e reutilizar. Como exemplo podemos mencionar o  Portal de Transparencia de Galicia, o Portal de Datos Abertos de Galicia, o Portal de Transparencia de España ou o Portal de Datos abertos de España

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons