Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Formatos

Formato dos arquivos

O formato e o software no que se crean e dixitalizan os datos de investigación xeralmente dependen do tipo de análise que vaia a facer o investigador, o hardware utilizado, a dispoñibilidade de software, ou mesmo dos costumes dunha disciplina específica.

Aínda que os investigadores usen o formato de datos e o software máis adecuado á súa análise, unha vez finalizado, deberían considerar convertelos a formatos estándares máis intercambiables e duradeiros para o seu almacenamento. Tamén deben considerarse os formatos estándar para realizar copias de seguridade.

Recoméndase o uso de formatos estándar abertos, (como OpenDocument ODF, ASCII, formato delimitado por tabuladores, valores separados por comas, XML) en oposición aos formatos propietarios (como MS Rich Text Formato e MS Excel) , que aínda que son moi utilizados é probable que sexan accesibles por un tempo razoable, pero non ilimitado.

 

Identificar o formato apropiado

Os arquivos nacionais e outros servizos de arquivos de datos adoitan ofrecer información sobre os formatos recomendados e aceptables para a súa preservación a longo tempo.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons