Skip to main content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Plan de Xestión de Datos

O Plan de Xestión de Datos é un documento formal que describe todo o ciclo de vida dos datos desde a súa recollida ata a finalización do proxecto de investigación, e no que se detalla que datos se van a xerar ou recompilar, como se van a procesar, se serán compartidos ou non, e como se van a conservar.

Os Plans de Xestión de Datos son un requisito cada vez máis demandado nos proxectos financiados con fondos públicos, sobre todo en Europa, así os proxectos financiados con H2020 iniciados en 2017 deberán garantir o acceso aberto aos datos de investigación, salvo excepcións xustificadas. Os participantes terán que entregar un Plan de Xestión de Datos durante os 6 primeiros meses de vida do proxecto, que debe de ser actualizado durante todo o proceso.​

Os proxectos financiados co Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 deberán proporcionar, así mesmo, o acceso aberto a resultados e datos de investigación mediante o seu depósito en repositorios. Estes proxectos poderán incluír, con carácter optativo un plan de xestión dos datos de investigación. Os traballos e os datos publicados en aberto serán tidos en conta na avaliación curricular dos investigadores. 

Ferramentas para elaborar un Plan de Xestión de Datos

DMPonline desenvolvido polo Digital Curation Center. Ofrece plantillas para plans de xestión de datos, entre elas, unha para proyectos H2020 da Comisión Europea e unha plantilla xenérica que pode utilizarse para calquera proxecto de investigación, permite a exportación para incluílo nunha oferta de financiamiento e compartir con colegas. Para a súa utilización é necesario rexistrarse.

PAGODA / PGDonline: adaptación e tradución ao español polo Consorcio Madroño da ferramenta DMPonline desenvolvido polo Digital Curation Centre. Adaptado aos requirimentos e directrices Horizonte 2020 para axudar aos investigadores para elaborar plans de xestión de datos. É necesario rexistrarse.

DMP Tool é un servizo da Universidade de California. Permite compartir, editar e exportar o PGD cando sexa necesario. Non dispón de plantilla para proxectos H2020.

Videos

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons